RECORDAMOS COLOCACIÓN DO PRONOME
1.- Por regla xeral, o pronome vai sempre detrás do verbo e pegado a el.
2.- Hai determinadas palabras que fan que o pronome se coloque diante do verbo. Estas palabras son:
a) Os pronomes interrogativos ou exclamativos
b) As que marcan subordinación : que, aínda que, sempre que, xa que....
b) Algúns indefinidos: Ninguén, alguén, calquera, algo, nada, bastante...
e) Os adverbios de dúbida, e outros como: xa, só, ben, mal, sempre...
f) Se a oración é negativa ou vai introducida por unha conxunción ou adverbio negativo
.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.
1.- Coloca no lugar que corresponda o pronome entre parénteses.
-............ Vou ............ contar un segredo da miña profesión. (che)
- A Ana ............van............ traer un ordenador portátil. (lle)
- Non ............vin ............ na tele.(te)
- Quen ............. mandaría ............. meterme en asuntos de cartos! (me)
-Non ............. van ............. levar de visita ao Museo.(nos)
-............. falarei ............. aos lectores do meu lado máis íntimo.(lles)
-............. decide ............. pronto! (o)
- ........... Déixo........... ver pero non ..........deixo......... levar (cho/cho)
- Oxalá .......... vexa.......... pronto (te)
2.-Converte estas oración en negativas:
1.-Leváronme onte a un bar de tapeo.
2.-Agasalláronme cunha PS4 polos Reis.
3.-Déronlles as vacacións hai uns día
3.-Corrixe os erros nestas oracións cando sexa necesario e explica a colocación do pronome en cada caso.
1.-Che gustou a nube de fume?
2.-Nunca o elixiron estudante do ano.
3.- Canto che debo?
4.-Elixe as oración correctas.
a) Dixo que te vira onte / Dixo que vírate onte
b) Canto lle deches ... ? / Canto décheslle ... ?
c) Non vino / Non o vin
d) O demo te leve! O demo lévete!
e) Quizais pregúnteche mañá a lección/ Quizais che pregunte mañá a lección
f) Me dás unha mazá? / Dásme unha mazá?
5.- Traduce ao galego
- Me gustó el nido.
- ¡Ojalá te llegue a tiempo el regalo!
- Es verdad que no tiene ninguna hermanita.
- En el colegio me mandaron dibujar cuatro crías de animales y he dibujado al: lobezno, lebrato, potro y un ternero.
- ¿ Cuánto me quieres?
- Comí un platazo de lentejas.
- Por la noche las vacas duermen en la cuadra (establo)